Posiblemente...
... no libro particular da nosa vida...
... temos determinadas páxinas acoutadas para o amor
De tal a tal páxina
Pero fóra dese espazo o amor móstrase en branco, oco baleiro
É como se tivesemos un tempo para cada sentimento
Será que non poderemos acrecentar o amor logo do capítulo correspondente?
Eu, rebélome
Rexeito a orde
O decreto espazo/tempo non conta para min
Prefiro tirar dos cartos aínda da saúde pero, prego os deuses que me permitan dilatar o tempo de amor
Un día menos, unha semana menos, un mes, un ano... menos de vida pero cheo de amor
Non é unha revolución, non vou contra ninguén, unicamente quero sentirme cheo de amor...
... logo...
...levádeme á parca. Eu mesmo remarei na gamela
No hay comentarios:
Publicar un comentario